Cuadro de texto:  
Concurso de ideas

 

Peixe Verde

 
Español English Galego    

Coordinador
Participantes
Organización
Subproxectos
Laboratorio Flotante
Finanzamento

O Xurado está composto por recoñecidos expertos do sector enerxético, naval e pesqueiro. Entre as ideas presentadas, resultaron premiadas as seguintes:

1. Idea: DÍNAMO DE ÉMBOLO.

Propoñente: Juan Pedrosa Luna

A enerxía da ondada e as mareas que balancean os buques recolleríase mediante a instalación a bordo dun sistema, a "Dínamo de Émbolo", que transforme o desprazamento dun imán permanente polo interior dun tubo dotado dun bobinado eléctrico, en enerxía eléctrica que se almacenaría en baterías, para abastecer ou complementar o consumo de enerxía eléctrica a bordo do buque.

2. Idea: TRIGENERACIÓN EN BARCOS DE PESCA.

Propoñente: Jesús M. Cillero Ares

A idea de trigeneración de enerxía (aproveitar a calor residual, e ademais xerar frío mediante ciclos de absorción) podería ser aplicada en todos os buques que dispoñan de motores de combustión interna, é dicir, todos os buques de pesca; naqueles que sexan de nova construción lograranse reducións no custo previsto neste traballo.

3. Idea: MICROGENOLA.

Propoñente: Jaume Esteve Tintó.

Proponse utilizar a experiencia actual en microxeradores baseados en micro e nanotecnoloxías para a obtención de electricidade a partir do movemento que producen as ondas. A xeración de electricidade realízase mediante un sistema hermético composto por unha matriz de microxeradores electromagnéticos. Trátase dun sistema de baixo custo que non require ningún tipo de mantemento.

 

 

 

     
                                                                      

PREMIOS

  • PREMIO ESPECIAL:  10.000€
  • DIEZ PREMIOS: 1.000€

Para cualquier consulta no dude en ponerse en contacto con nosotros en:   ideas@peixeverde.org

 

Copyright 2006 ARIEMA Energía y Medioambiente S.L. www.ariema.com Todos os direitos reservados.