Peixe Verde

Home | Contactar | Sitemap  
Español English Galego    

Menú | O Problema | Opcións | Obxectivo | O Proxecto | Historia | Novas | Documentos | Concurso de Ideas

Coordinador
Participantes
Organización
Subproxectos
Laboratorio Flotante
Finanzamento

Concurso de Ideas

Rematado o concurso de Ideas, 22.000€ foron concedidos ás mellores

seis ideas presentadas.

Financiación del MICIIN

Peixe Verde foi aprobado polo Ministerio de Educación y Ciencia na convocatoria de "Proyectos Singulares y Estratégicos" có Nº de expedente: PSE-370300-2006-1.

 

Proxecto co-financiado con fondos FEDER

 

A suba nos prezos do petróleo fai difícil a viabilidade do sector da pesca marítima española a medio e longo prazo se non se modifican os barcos para consumir menos enerxía e/ou se cambia a fonte de enerxía.

O Concurso está promovido polo IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio), polo Ministerio de Educación y Ciencia, e polo CETPEC (Fundación para la Investigación, Desarrollo Tecnológico e Innovación en el sector pesquero de Celeiro) sendo este último o responsable da organización.

Ademais de premiar ás mellores aportacións, con este Concurso as entidades promotoras apoian ao proxecto Peixe Verde mediante a captación de persoas e grupos de investigación que poidan sumarse ao proxecto.

            A continuación pode descargar as bases do concurso e o boletín de inscrición:

Táboa de datas clave

Data

 

2 Xaneiro 2007

Ábrese o prazo de presentación de ideas.

12 Febreiro 2007

Péchase o primeiro prazo de presentación e ábrese o segundo prazo

12 Marzo 2007

Data límite de evaluación do Xurado do primeiro prazo

14 Maio 2007

Péchase o segundo prazo de presentación

14 Xuño 2007

Resolución do Xurado do segundo prazo

15 Outubro 2007

Data límite para selecionar a idea merecedora do Premio Especial

 

VEREDICTO FINAL DO XURADO EN PRIMEIRO PRAZO

Tras un exame exhaustivo de todas as ideas presentadas, o Xurado do Concurso considerou oportuno conceder dous dos premios en xogo, valorados en 1.000 € cada un.

Ideas gañadoras

Todos os organizadores do Concurso, CETPEC, IDAE, MEC e membros do xurado, agradecemos enormemente a participación a todos os concursantes.

Non obstante, recordamos que aínda quedan 20.000 € en premios, entre os que está incluído o Premio Especial de 10.000 €. Animamos a presentar iniciativas no segundo prazo do concurso, actualmente aberto ata o 14 de Maio, para a recepción de ideas por correo postal e electrónico.

Aos xa participantes na primeira fase, non premiados, animamos a aproveitar o esforzo xa realizado para volver presentar na segunda fase. Trátase dunha nova oportunidade na que poderán achegar información ampliada, informes de viabilidade técnica e económica máis completos, exemplos de aplicacións reais, etc. Ademais poderán presentar novas ideas se así deséxano.

VEREDICTO FINAL DO XURADO EN SEGUNDO PRAZO

Na segunda fase do concurso, o Xurado do 1er Concurso de Ideas "Peixe Verde outorga tres premios a novas ideas para reducir o consumo de enerxía dos barcos de pesca.

 Ideas gañadoras

 As ideas galardoadas foron seleccionadas por xuntar innovación e posibilidades reais de aplicación. Mediante este Concurso tamén se pretende captar novos socios que se unan ao Consorcio de Peixe Verde para colaborar no Proxecto.

Con estes tres premios e dous máis que foran outorgados nunha 1ª fase, concedéronse un total de 5.000 € en premios, aos que se engadirá un Premio Especial de 10.000 € que se entregará antes do 15 de Outubro do 2007.

O Xurado está composto por recoñecidos expertos do sector enerxético, naval e pesqueiro.

     

PREMIOS

  • PREMIO ESPECIAL:  10.000€
  • DOCE PREMIOS: 1.000€

Para calquera consulta non dúbide en poñerse en contacto con nós en:   ideas@peixeverde.org

 

 

 

Menú | O Problema | Opcións | Obxectivo | O Proxecto | Historia | Novas | Documentos | Concurso de Ideas

Copyright 2006 ARIEMA Energía y Medioambiente S.L. www.ariema.com Todos os direitos reservados.