Concurso de Ideas |
|
Rematado o concurso de Ideas ,
22.000€ foron concedidos
ás mellores
seis ideas presentadas.
Financiación del MICIIN |
|
Peixe
Verde foi aprobado polo Ministerio de Educación y Ciencia na
convocatoria de "Proyectos Singulares y Estratégicos" có Nº de
expedente: PSE-370300-2006-1.
Proxecto
co-financiado con fondos FEDER

|
|
|
 |
 |
Historia |
|
O sector pesqueiro
español conta con empresas moi diversas, pero se hai unha
característica destacada é a abundancia de pequenas empresas,
con frecuencia armadores cun só barco que continúan a tradición
familiar.
No Porto de Celeiro, forzados en gran medida
pola necesidade que xera a distancia, entenderon fai tempo que
debían xuntar esforzos para xestionar conxuntamente a solución
os seus problemas. Así naceu a empresa Puerto de Celeiro S.A.,
os seus accionistas son preto de 100 armadores pesqueiros.
Lograron construír o que no seu momento foi a mellor lonxa de
pesca española, aumentaron a súa frota, adquiriron dereitos de
pesca, e abordaron os primeiros proxectos de I+D.
Nese contexto, co apoio da Xunta de Galicia,
empezase a soñar co Centro Tecnolóxico da Pesca, que dende
Celeiro centrará os seus esforzos en tres áreas: Produto, TIC e
Enerxía.
Neste contexto é cando o promotor da I+D en
Celeiro e Director de SERVICEL, Andrés Díaz, comeza a buscar
información do hidróxeno para poder valorar si será unha opción
ou non. Un deses días que chega a "hora de soñar", moi avanzada
a tarde tras resolver o traballo diario dos barcos, chamou o
teléfono de ARIEMA e preguntou: "oiga, ¿pódese utilizar
hidróxeno en barcos de pesca?
O outro lado do teléfono estaba Rafael Luque,
Director de ARIEMA, que tras intercambiar impresións foi moi
claro: "será una opción de futuro, interesante para investigar,
pero a corto prazo non pode competir en prezo. ¿Estás seguro de
que non hai outras opcións: reducción de consumo, outros
combustibles de transición...?"
Xuntando esforzos, organizaronse as persoas de
SERVICEL e ARIEMA (por a súa respectiva especialización en pesca
e enerxía) e despois de casi dous anos de traballo no que se
foron sumando socios (e amigos...) presentouse Peixe Verde. E
por suposto que nada se faría sen o apoio da Confradía de
Pescadores de Celeiro e Puerto de Celeiro S.A., empresa singular
que incluiu no Consello de Administración unha exposición sobre
os posibles usos do hidróxeno no seus barcos.
Dende as administracións destaca o apoio da
Xunta de Galicia, promotora e patrono do CETPEC, Centro
Tecnolóxico da Pesca, que naceu no verán do 2005 contando tamén
co apoio do Concello de Viveiro.
E, como unha administración moi "singular", foi
vital o apoio das persoas do IDAE, brazo técnico en Enerxía do
Ministerio de Industria. Sempre estiveron ahí. |
 |
|
|